Cinco muiños, rehabilitados no ano 2009 por un taller de emprego municipal.
- Categoría: Muiño
- Ruta: Ruta dos Muiños - Etapa As Fermosas
- Localización: Abelenda das Penas - As Fermosas
A dous deles accédese desviándose á dereita so sendeiro principal e atravesando unha pequena ponte de madeira baixo a sombra dos bidueiros.
Os otros tres muños localízanse no lado contrario do regato, rodeados de árbores autótocnas e abundantes fentos reais.
Destaca a súa situación para aproveitar a escarpada orografía do terreo. Todas as construcións están abertas para poder pasar ao interior e ver a moa.
Unha axuda para cargar os sacos.
Fíxate na fachada dos muíños. Nalgún deles, sobre o lintel da porta poderás ver un símbolo que representa a marca da familia propietaria ou o ano de construción. A maioría dos muíños son de principios do século XIX aínda que hai algúns anteriores e posteriores á data. Ademais, nun lado da porta, e máis ou menos á altura dos ombros, verás tamén unha pedra saínte. Esta servía para apoiar os sacos de fariña recén moída e cargalos con máis comodidade para o seu transporte.